Consulta o tempo dos próximos 3 días para tódolos concellos de Galiza.
Selecciona o teu concello para acceder a previsión do tempo. Inicialmente poderás ver Santiago de Compostela, pero tocando enriba del terás acceso a unha listaxe con tódolos concellos de Galiza.
Se queres ver máis en detalle a previsión, toca sobre a icona correspondente ó día e se amosara unha nova fiestra coa información relativa a mañá, a tarde e a noite.
Ofrécense múltiples variables meteorolóxicas:
- Símbolo de previsión
- Temperaturas máximas e mínimas para os próximos tres días así como a temperatura actual.
- Velocidade e dirección do vento.
- Probabilidade de chuvia.
- Hora do orto e o ocaso.
A información amosada é ofrecida por MeteoGalicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia
Amosa o detalle da previsión tocando sobre a icona do dia correspondente.
Selecciona o concello simplemente tocando na pantalla.
Solucionado o problema de visualización en pantallas pequenas.