Applícate o Conto icon

Applícate o Conto

1.1.3 for Android
4.8 | 5,000+ Installs

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Description of Applícate o Conto

O noso alumnado é consumidor cultural. Cada día consume productos como debuxos animados, música, contos, videoclips, series, películas, xogos de mesa, xogos de ordenador ou consola. Estamos asistindo a un cambio moi profundo de tendencia no que aumenta o tempo de ocio usando tabletas e os móbiles. Son nativos dixitais, é dicir, nenas e nenos nacidos na era da tecnoloxía cun dispositivo nas mans desde moi cativos. Aprenden a usar aplicacións de móbiles antes que a ler ou escribir.
A escola non é allea a esta mudanza e nos últimos anos vemos como estas tecnoloxías están a entrar nas nosas aulas: miniportátiles, pizarras dixitais, PCs, tablets… Está por ver se estas novas ferramentas chegan para axudar no proceso de aprendizaxe ou se o cambio que produce o seu uso pode significar algo máis profundo. A interactividade, a autonomía e as múltiples posibilidades que ofrecen estes dispositivos por sí mesmos e a combinación destes co acceso á rede son infinitas. Pero non debemos deixar de mirar os riscos que pode conlevar unha aposta demasiado forte polo seu uso que podería afectar a aspectos clave como a socialización, a educación afectiva ou o desenvolvemento psicomotor.
APPLÍCATE O CONTO nace do afán dun grupo de mestras e profesoras do CPI Virxe da Saleta por empregar estas ferramentas dixitais dende un punto distinto ao do usuario común. O obxectivo primordial é dotar ao alumnado da competencia suficiente para crear os seus propios contidos nunha plataforma táctil: smartphone ou tableta. A través da creación dunha app de contos infantís dos que eles son guionistas, debuxantes, deseñadores, editores e productores. Grazas á colaboración co CIFP da Carballeira e ao traballo do seu equipo directivo, profesorado e alumnado púidose materializar este proxecto.

Information

  • Category:
    Education
  • Latest Version:
    1.1.3
  • Updated:
    2014-11-04
  • File size:
    17.6MB
  • Requirements:
    Android 2.2 or later
  • Developer:
    CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
  • ID:
    com.aplicateoconto