Get the best free apps for your android phones. 20,000+ users downloaded Feito a Man 2018 latest version on 9Apps for free every week! The app has also been given a bit of a visual makeover, too This hot app was released on 2018-08-01. Download in official websites like 9apps and you'll never miss it!
"Feito a Man" é un festival de rúa que nace no ano 2003 e que está organizado pola "ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA" nos espazos singulares da cidade de Santiago de Compostela.
Durante o mes de agosto, "Feito a Man" deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s, etc. Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.
Coa app de "Feito a Man" terás acceso á información da axenda destas actividades artísticas (data e lugar de celebración) e poderás coñecer en detalle cada unha delas xunto cos artistas que as levan a cabo.
Ademais, baseándose nas túas preferencias e intereses, propoñerache actividades que non deberías deixar de visitar se queres mellorar a túa experiencia dentro do festival.
Como valor engadido a aplicación amósache tamén lugares de interese ós que acudir dentro da cidade de Santiago de Compostela.
Tanto as actividades como os lugares de interese plásmanse nun mapa dentro da aplicación no que se permite calcular a ruta a seguir ata eles a través de diferentes medios. Deste xeito poderás organizar mellor o teu tempo para non perderte nada!
Feito a Man 2018